Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 9 de abril de 2012

Convocada folga estudiantil para parar os ataques ao galego

A Mesa e a súa sección xuvenil, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes denuncian que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.
As organizacións convocantes da folga piden que "o galego exista" , tamén nas materias científico-técnicas en que o decretazo "impón o uso obrigatorio do castelán"
Todos os representantes das organizacións convocantes da folga estudantil coincindiron en amosar a súa preocupación pola "calamitosa" situación do galego nas aulas de ensino medio. Segundo os seus datos, a media do horario semanal de aulas que se imparten na lingua propia de Galiza só no ensino medio é do 20%, "moi por debaixo, xa que logo, do propio límite fixado polo propio decreto", do 50-33% en función do grao de introdución da terceira lingua para unha parte do currículo. Neste aspecto, os convocantes advirten que se está a evidenciar "o uso da incorporación do inglés como coartada para eliminar aulas en galego".
Os convocantes do paro tamén denuncian como "especialmente preocupante" a "precaria" situación do galego en moitos dos ciclos formativos e no ámbito das ensinanzas especiais ou na Educación Permanente de Adultos (EPA). "O galego non se emprega nas aulas e nin sequera existen materiais ou recursos de apoio na nosa lingua"

Ningún comentario:

Publicar un comentario