Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 14 de abril de 2012

Homenaxe a Rosalía na Estrada



O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. N´A Estrada tivo lugar unha lectura de poemas organizada pola Asociación Cultural Vagalumes baixo o paraugas da AELG.
Tal e como ben di o condutor do acto, o escritor estradense David Otero, "gustaríanos un acto cívico e insitucional. Non foi posible" xa que o Concello d´A Estrada se negou a apoiar a declaración promovida pola AELG. Como pode comprobar calquera que vexa o vídeo, non se acha razón para esta negativa. Cal é o problema de celebrarmos todos os veciños xuntos unha festa na honra da escritora que marca o punto de restaruración da nosa literatura? Quizais o problema sexa precisamente ese, a exaltación do propio,  tal e como volveron a demostrar poucas semanas despois coa denegación do apoio que o concello d´A Estrada viña mantendo os últimos anos ao Correlingua. Un novo e claro caso de sectarismo que demostra que os nosos gobernantes non teñen ningún intese pola lingua e cultura galegas. Pregúnto se isto reflicte o sentir popular. Espero que non.



Ningún comentario:

Publicar un comentario