Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 17 de abril de 2012

O galego nas rúas (de Ourense)



Catro alumnas de 1º de bacharelato do IES Blanco Amor pasearon polas rúas de Ourense na pescuda da cartelería en galego que podían atopar pola cidade. Fixeron fotos, ordenaron o seu traballo e explícannos as súa conclusións neste vídeo. Boa e interesante iniciativa.
Vía Camiño Longo

6 comentarios:

  1. Grazas por divulgar o traballo das nosas alumnas.

    ResponderEliminar
  2. Está moi ben. Vese moito traballo e moi ben feito.
    Andaba eu algo mosqueado porque non estaba seguro de que fosen do Blanco Amor.

    ResponderEliminar
  3. Parabén por este gran traballo, así houbese moitos máis en Galicia.

    ResponderEliminar
  4. Trásládollo ao autores do mesmo.

    ResponderEliminar
  5. O galego nom-normativo está em algo mais do que as "pintadas" e nem sempre som os independentistas os que o usam.
    1-Está incorreto o nome de "nom-normativos". Quem dixo que isto que escrevo eu nom segue alguma normativa? É normativo, mas outra normativa, portanto nom é nom-normativo.
    2-Há muita gente que nom é independentista e segue outras normas diferentes à norma RAG (que é como deve chamar-se, nom "galego normativo")
    3-Se ides a jornais escolares de alguns institutos poderedes ver textos escritos por alunos e mesmo por professores em norma AGAL ou nomra AO (Acordo Ortográfico)
    4-Tentai perguntar aos vossos professores e às vossas professoras que vos informem sobre as normas diferentes à norma RAG, nomeadamente a AGAL e a AO. Mas que vos informem sem subjetividades.
    Abraço.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben querido anónimo, sen ánimo de polemizar, "Non Normativo" refírese creo ao que a Xunta de Galicia di que é o oficial, o da RAG, e non avalan o utilizar o da RAG ou do AGAL, sinxelamente constata o que elas atoparon.

      Vamos que non é un estudo moi sesudo sobre o tema, o que si vexo, e certa preminencia por destacar o Galego (sexa normativo o non).

      Penso que a realidade é moito máis dura, pois terían que percorrer os comercios do centro, para ollar que a maioría están en castelán, que nos Bancos, por exemplo só se fala castelán, que os funcionarios/as da Xunta, por sistema, só falan en castelán, que os médicos, só falan en castelán...etc

      O que aparece no video, son uns cantos cartaces en galego, pero moi poucos en castelán, é asi a triste realidade, e ainda hai quen di que o castelán está asovallado polo galego.

      Eliminar