Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 18 de abril de 2012

Rap desde a Fonsagrada: 'Achégate ao galego, que ten todo o que buscas'



Aid e García Mc xa teñen un novo compañeiro de profesión . Óscar Díaz Mon, "El Greira", rapeiro da Fonsagrada e alumno do IES Fentem Albei, é o protagonista deste vídeo pois foi el o autor e o intérprete do tema que podemos escoitar. Aquí aparece xunto aos seus compañeiros de 2º de bacharelato. De impresión, canto máis o escoitas, mellor che presta.
O vídeo presentouse ao certame do Correlingua 2012. Pasma lembrar que o ano pasado eles mesmos foran os gañadores deste certame. A calidade, as ideas, a capacidade dos que fixeron este traballo posible, os recursos que manexan,... son todos de primeira. Agora entendo perfectamente o comentario dun dos membros do xurado sobre que tiveran a elección do gañador máis difícil que nunca.
A letra da canción pode consultarse completa no you tube. Grazas por argallardes un produto tan gorentoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario