Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 29 de decembro de 2015

Talasonimia no LGx15



O pasado 25 de novembro 6 persoas fixeron realidade unha festa da normalización na sala Capitol de Santiago. Foi o encontro LGx15, argallado pola Cooridnadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL). A cousa debeu ser digna de ver. Para aqueles que non puidemos achegarnos a este festival, queda por aquí esta peza da intervención do arqueólogo, investigador e destacado membro do Insituto de Estudos Miñoranos. Escoitalo falar dos topónimos do mar é toda unha ledicia. Quizais a calidade e formato do vídeo non sexan os máis acaíados pero poden servirnos para dúas cousas. A primeira, xa comentada, darnos unha idea da calidade do encontro LGx15, unha idea fantástica que por unha vez fai algo do que estamos moi necesitados: ligar normalización coa actividade festiva. A outra pode pode ser que nos desperte o interese polo coñecemento da talasonimia, da que Xosé Lois Vilar non só é un experto, senón un excelente divulgador. De ser este o caso, vai un segundo vídeo, ideal para ver con vagar nestas xornadas do nadal e alonxarnos do abrouxamento comercial que nos cerca.


domingo, 27 de decembro de 2015

Gres, unha aldea galega e Neira Vilas o seu historiador

por Felipe Senén López Gómez, en Terra e Tempo:


Xa imos botando de menos as chamadas mañanceiras de Pepe Neira. Facíaas despois do ritual do almorzo, entre libros, e de ler os periódicos. Comentábanos mortes, premios, os seus andares do día anterior, o derradeiro artigo agasallando novas publicacións, efemérides, homenaxes, os logros e o que se perde. E sempre a conversa desembocaba na inxuria e rudo encono cometido coas “industrias da memoria”, coa teoría e a obra de Luis Seoane e Díaz Pardo no “Castro”, en “Sargadelos”, sen entenderse a misión normalizadora, de ética e estética, o florecer da semente do Seminario de Estudos Galegos a través da teoría e da praxe do “Laboratorio de Formas”, un lugar para a reflexión do idioma das formas de Galiza, a creatividade, o deseño, a moda, comezando polos cacharros de uso... a construír Galiza.

sábado, 26 de decembro de 2015

Un poema para cada día no ano de Manuel María



Desde a Biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada propoñen esta orixinal forma de celebrar durante todo o 2016 un ano de poesía, gravando cada día un poema de Manuel María.
Televinte, a canle de televisión local, fíxolle este vídeo que pode ser unha moi boa promoción do proxecto. Ademais Televinte está disposta a colaborar nesta gorentosa idea. Parabéns pola iniciativa.

xoves, 24 de decembro de 2015

Nadal vs. nada

Web da CGENDL adicada ao nadal
Cando se achegan as datas do nadal póñense en movemento unha serie de iniciativas normalizadoras que teñen por obxectivo galeguizar todo o que se move arredor destas festas. A cousa non é fácil xa que o nivel de afastamento da lingua, especialmente no mundo comercial, é cada vez maior. Con todo, nin a CGENDL, nin A Mesa, nin a CTNL deixan de achegarnos novas propostas todos os anos.
A Coordinadora Galega de ENDL volveu a traernos a súa recompilación de recursos para celebrarmos o nadal en galego: cancións, contos, refrán, concursos,.... unha chea de materiais para usar e divulgar desde as aulas.
A iniciativa Abertos ao galego, promovida pola Mesa, achéganos un ano tras outro unha boa monlla de oportunidades para margullarse nun consumo responsable coa nosa lingua:



Pola súa parte a CTNL ten en funcionamento unha proposta ben intersante, unha plataforma virtual chea de posibilidades de compra en galego. Trátase de Agasallo.eu, que este ano mesmo ofrece a posibilidade de crearmos un catálogo personalizado como este que fixen eu collendo algúns produtos ao chou.



De todo este panorama o máis rechamante é a enorme ausencia da Xunta. A Dirección Xeral de Comercio está muda fronte a todas estas iniciativas. Pola súa banda non existe ningunha campaña, ningún tipo de acción que intente tinxir de galego un sector, o comercial,  que se desenvolve fóra dos prarámetros normalizadores (nota aparte: significativamente a Xunta eliminou toda referencia á normalización de toda a súa política).
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)  anunciou no primeiro trimestre deste ano que se estaba a desenvolver un presunto Plan de dinamización (non de normalización) da lingua galega no tecido económico. Polo que podemos comprobar, a cousa quedouse en presunto. De consultarmos as novas dos dous últimos meses do propio portal da SXPL, non veremos nin unha soa referencia a este (insisto) presunto Plan. Se o contas por aí fóra non cho cren. O certo é que a Xunta non fixo nada para impulsar  este nadal o comercio en galego. Pero é que tampouco o fixo o nadal anterior, nin o outro, ... e así durante todos os anos de goberno de Feijóo.

luns, 21 de decembro de 2015

Erros e tánatos

Calquer momento sería bo para recomendar o libro de Gonzalo Navaza, Erros e tánatos, mais a cousa desta entrada non vai por aí.
Extracto da tarxeta, vía A Mesa
Foi A Mesa quen denunciou hai uns poucos días o envio dunha tarxeta de felicitación de nadal do "Jefe Territorial de la Coruña", Indalecio Cabana Leira, delegado responsable da áreas de política cultural e lingüística da provincia da Coruña.
Marcos Maceiras, o presidente da Mesa pediu a demisión do xefe territorial polo desprezo á lingua e ás súas obrigas.
Ata o momento da redacción desta entrada non se sabe nada. Supoño que no caso de que se dera algunha resposta a esta xusta reclamación, teremos que escoitar outra vez iso de que "foi un erro" e que non lle hai que dar máis voltas. Curiosamente os erros caen sempre en contra do galego.


O outro caso que pasamos a comentar é o do cartel que anunciaba unha "Cena Popular" organizada polo grupo de En Marea de Fisterra. Cambia a cor pero o asunto é esencialmente o mesmo. Cando o vin pensei que era un fake, e estiven por non facerlle caso. Pero lembrei o caso dunha convocatoria dun Círculo de Podemos na Estrada, e ao volver a remexer nesta convocatoria das Mareas de Fisterra, vin confirmado que se trataba dun cartel real.
Anunciábase a intervención da "Responsable del Mundo Rural" e do "Portavoz Círculo AGPA. Miembro del Consejo Rural Estatal", ambos os dous de Podemos.
"Acude y vota por el Cambio". Será que pedían o cambio da lingua de Fisterra pola de Aranjuez.
Seica retiraron estes carteis e colocaron no seu lugar outros, desta vez en galego. Debeu ser un erro. Outro.
Resulta que estes erros teñen na súa xenética algo en común. Ben sexa por desprezo, ben por desleixo, pouco importa a razón pola que o fan, todos encerran o proxecto da morte da lingua galega.

domingo, 20 de decembro de 2015

Por que e que da obra de Xosé Neira Vilas

por Ramón Regueira Varela, en Terra e Tempo:


Todas as percepcións xorden dende uns a priori ideolóxicos. A miña visión da obra e da persoa de Xosé Neira Vilas non está ceibe deses “prexuízos”. Quixera que fosen os menos os que se escapasen das miñas verbas e que fose a obxectividade, é dicir, a obra real do homenaxeado a que se fixese presente e non as miñas opinións, mellor ou peor fundadas, as que se amosasen diante de vostedes.

mércores, 16 de decembro de 2015

A política lingüística baixo a luz dos orzamentos

Cando se fala de política lingüistica son moi habituais os recursos demagóxicos. Para evitarmos caer neste tipo de erros non hai mellor medicina que a de aportar datos.
A política lingüística en Galicia está inane.  Isto é mostra do desprezo á lingua galega que está caracterizando aos gobernos de Feijóo. Podémolo demostrar mediante a serie histórica dos orzamentos da da lingua dos últimos anos. Se a principios de século as cantidades asignadas á normalización lingüística representaban algo máis do 0,20% do orzamento total da Xunta, agora non chegan ao 0,07%. Se comparamos o peso do orzamento previsto para o 2016 co do 2012 vemos que houbo unha redución de máis dun70%.
No seguinte gráfico aparece a taxa do orzamento para políticas lingüísticas respecto do total da Xunta para cada ano. Marcáronse en cor azul os anos de goberno do PP e en vermello os do bipartito. Hai un par de columnas coa cor esvaída (2005 e 2009), representándose así anos nos que un goberno tivo que executar un presuposto elaborado por outro de distinto signo político.




Antes de ver o gráfico un pensaría que durante o gobeno bipartito a normalización lingüística vería incrementado o seu peso orzamentario. Pola contra o que se observa é que os níveis orzamentarios continuaron no mesmo rango, incluso cunha tendencia á diminución. Porén non hai punto de comparación entre as políticas de normalización levadas a cabo no período do goberno de Touriño e as de secundarización do período anterior ou as de ataque e exclusión do galego do período posterior.
As maiores reducións relativas vense nos anos 2010-2014. Ao falarmos de redución relativa xa se enxerga que houbo unha decisión consciente e planificada de agravios ao galego. A demostración obsérvase moi claramente no segundo gráfico que pasamos a presentar. Nel, representados en barras aparecen os orzamentos do organismo encargado da política lingüística período 2002-2016. Como estes valores están no mesmo rango que a cincocentasava parte dos orzamentos totais da Xunta, para poder apreciar tamén a súa evolución, represéntanse mediante un polígono de frecuencias.



Os cartos dos que dipuxo a Xunta ata o ano 2010 sempre se foron incrementando pero a SXPL xa sufriu decrecementos importantes nos anos 2009 e especialmente no 2010. Ao ano seguinte, coincidindo coa maior baixada dos orzamentos da Xunta tamén temos a da SXPL, pero coa gran diferenza de que a redución deste segundo organismo é realmente brutal e co agravante engadido de continuarse a redución nos seguintes anos nos que os presupostos comenzan a ter unha leve recuperación. Conclusión clara: a enorme redución de cartos para a normalización non se pode atribuir aos efectos da crise.
Se ata o ano 2008 as liñas do polígono de frecuencias(orzamentos da Xunta dividos por 500) ficaba por debaixo dos valores das barras (orzamentos da SXPL), a partir deste momento as barras caen ata reprentaren só un terzo das alturas acadadas polo polígono de frecuencias. Velaquí, na diferenza entre as alturas de barras e segmentos do período 2010-2016, aparece representado o plan de exterminio de toda política de fomento do uso da lingua galega. Isto explica como é que se eliminaron os SNL dos concellos, ou a redución dun 70% nos orzamentos dos ENDL dos centros escolares, ou a eutanasia que se está a practicar cos cursos Celga.
Mentras se fai isto, mantense un funesto decreto no ensino que prohibe o uso do galego nas materias científicas, establece trabas para o uso do galego, retira e elimina materiais didácticos por estaren redactados en galego, ou desincentiva o emprego do galego nas primeiras etapas. Suprimíronse as liñas de galego. Exterminouse o galego das escolas infantís dos espazos nos que máis compría, nas grandes cidades. Eliminouse a esixencia do coñecemento da lingua galega nas probas de acceso á función pública. Os altos cargos da  Xunta ofrecen continuas mostras de desleixo ao non empregaren en actos oficiais a lingua galega. Tanto desde a Xunta como desde o goberno central fanse toda clase de intentos de substituir un cada vez máis acurralado galego, por un cada vez máis favorecido castelán.
Con este panorama, para que seguir mantendo unha anémica Secretaría Xeral de Política Lingüística? Só hai unha resposta posible. Para pasear aos Bolechas por algunhas das nosas vilas pois a isto, e só a isto ficou reducida a política lingüística positiva nos últimos sete anos.

martes, 15 de decembro de 2015

De blogues48

Da Wikipedia

  • Obradoiro de ciencia e radio a cargo de Manuel Vicente, 30/11/15, no larchán do cotarelo
  • Son curtas: Xogo de nenos, 01/12/15, en Son de noso
  • Os nenos que falaban galego…, 02/12/15, por Manuel Arca Castro,  en Derrubando Isoglosas
  • O día que o coñecín, 03/12/15, no blogue da biblioteca do IES Losada Diéguez, Os retelladores do galiñeiro
  • Aprendendo de Castelao 1, 03/12/15, por Francisco Castro no blogue A canción do náufrago
  • A indución, 05/12/15, por J.J. en Matemática na Rúa
  • Éche así, 07/12/15, por M. Loureiro, en tecnoloxía.org
  • A grella de Cardano, 08/12/15, por Carlos L. Medrano, en Xogos de lingua
  • Unha primavera para Aldara. O vídeo, a entrevista., 09/12/15, no Blog da biblioteca do IES de Porto do Son
  • Desmontando a Sanidade pública: todo atado e ben atado, 10/12/15, por Pablo Vaamonde, no Pavillón de repouso
  • Proxecto Manuel María, 11/12/15, no blogue Escola de Randulfe
  • Reflexión a propósito da morte de Neira Vilas, 11/12/15, por Ana Tubío Rial, no Bico da Ría
  • Proxecto Manuel María, 11/12/15, en Escola Randulfe
  • CONCURSO DE MICROTEXTOS “TERRAS DO UMIA”, 11/12/15, no blogue do ENDL do IES Aquis Celenis, Aquisfala
  • Bases do concurso das minipostais. Os soños do galego, 11/12/15, no blogue O recuncho da mata
  • Triángulos en rectángulos, 11/12/15, por J.J. , en Matemática na Rúa
  • Chegada dos restos de Castelao. A perda da inocencia no relato da transición. 13/12/15, no blogu Acto de primavera
  • Entrevista a Xurxo González: "Estas imaxes certifican a instrumentalización da figura de Castelao", 14/12/15, en Acto de primavera

luns, 14 de decembro de 2015

Grazas e merda


O ano pasado Disquecool tivera a orixinal idea de abrir unha votación durante o Culturgal para buscar a palabra máis odiada da lingua galega. A #verbainfame resultou ser grazas. En segundo lugar quedou merda.
Neste vídeo do Portal das palabras, a lingüista María Pereira explica as razóns polas que debemos dicir grazas, e non gracias. Pensemos noutras palabras patrimoniais que tiveron a mesma evolución desde o latín como preguiza, cobiza ou  presenza. Se comenzamos a desprezar grazas, non tardaremos en acabar dicindo mierda.

venres, 11 de decembro de 2015

Preservar a toponimia

por Pedro García Vidal, en La Voz de Galicia:

Empoleirada sobre o río, aparece ante a nosa mirada a figura dunha pequena aldea co seu entrabado fermosamente estendido pola cumieira dun resistente esporón granítico. O seu nome, Castro Lampreeiro, estanos a falar dunha antiga poboación prerromana que tiña nas augas próximas unha abondosa fonte de vida. Ao fondo, o río Tambre -o Tamaris romano, actor principal na xeografía da ría de Muros-Noia- debuxa o seu tramo final. Cun fluír cansiño que manifesta no serpeante camiñar, os depósitos dos materiais antes transportados dan forma agora a terreos lamacentos como a illa de Meán, na metade do seu curso, ou favorecen a presenza de extensos canavais que colonizan as ribeiras. Voando sobre as augas, como unha fina liña, a mítica Pontenafonso, representa a memoria da umbilical unión pétrea das terras de Outes e de Noia.

En catalá també es de llei. E en galego?



A Generalitat ten aberta unha campaña de normalización no mundo da xustiza da que forman parte testemuñas como as do vídeo. Tamén se destacan sete puntos para romper coas inercias dun ámbito fortemente castelanizado.
1. Os documentos son válidos en catalán, sen necesidade de tradución
2. Os profesionais están preparados para traballar en catalán
3. Podes declarar en catalán e podes facelo en calquera tipo de declaración
4. Dille ao avogado que che represente en catalán
5. Como usuario da administración de xustiza, tes dereito a expresarte en catalán
6. Todos os rexistros están preparados para traballar en catalán
7. Podes solicitar calquer documento público en catalán (compra-venda, testamento,...)

Conviña preguntármonos cantos destes puntos son válidos en Galicia. Tambén estaría ben que nos explicáramos por que a administración galega non fai unha campaña semellante. Non debemos esquecer que desde que o PP entrou no poder, é aínda máis dificultosa a tramitación xudicial en galego xa que o programa que se impuxo na administración de xustiza, o Minerva Nox, está pensado en exclusiva para o seu uso en castelán, sen posibilidade de uso do galego. E xa van alá case 6 anos desde a súa implantación

A interesada estratexia da amabilidade lingüística

por Manuel Cabada, en Terra e Tempo:

Non fai falla abrir moito os ollos ou aguzar os ouvidos para se dar de conta do uso que fan certos políticos da denominada amabilidade ou cortesía lingüísticas para manter o prolongado statu quo da posición subalterna da lingua galega no seu propio territorio de orixe, é dicir, alí onde ela, en cuanto lingua propia do país, debería ter o seu lugar natural e indiscutíbel.

100% Galego

por Borxa Tenreiro, no Sermos Galiza:

Un 5%. Esa era a comisión que eu recibía por cada espazo de publicidade vendido nos meus tempos de redator-tradutor-comercial nunha empresa malagueña, e unha das razóns principais polas que optei por deixar ese traballo e regresar a Galiza. Había outras, claro; o pagamento das horas extras abaixo dos limiares estabelecidos no acordo colectivo de prensa, os incumprimentos dos horarios laborais, as inxustizas que padeceran outros colegas de traballo...

xoves, 10 de decembro de 2015

Unha vídeoconfencia para 109 centros e 6600 alumnos


O pasado 4 de novembro 109 centros escolares, sumando un total de máis de 6600 alumnos participantes, celebrouse o VI Día da Ciencia en Galego coa vídeoconferencia A máquina que constrúe a mente e a realidade, impartida por Xurxo Mariño, profesor da Universidade da Coruña.
Podemos comparar estas cifras coas que nos ofrece a SXPL, quen indica que case 1000 foron os asistentes á actividade de "Contos en Rede", que visitou un total de 30 concellos. Trátase dunha das actividades do FalaRedes, que é o único proxecto en vigor o que estaba chamado a ser proxecto estrela da política lingüística do goberno do Partido Popular, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e que ficou nun devaluado Bocaberta, programa das mesmas características, que se desenvolveu durante o bipartito. Neste FalaRedes, ao que se destinan uns 800.000 €,  tamén podemos atopar "Os Bolechas na máquina do tempo" que pasou por 40 concellos ou "Os axóuxeres", que visitaron outros 26 concellos, e "Estamos no verán!!!", con 18 actividades realizadas. Entre todas elas, isto é, todo o FalaRedes (ou toda a RDL) suman tantos lugares como aos que chegou a CGENDL cunha soa actividade, a vídeoconferencia do Día da Ciencia en Galego, xornada na que se reivindica o uso do galego nas aulas de ciencias, prohibido por un decreto que defende a SXPL.
Que a vídeoconferencia sexa un éxito é debido á mesma razón pola que o FalaRedes é un fracaso. A actividade da CGENDL está organizada con enstusiasmo e na procura dunha maior implantación do galego, pola contra as actividades programadas pola SXPL nacen coa pexa de que quen as organiza faino únicamente como pantalla para intentar ocultar unha política lingüística radical e agresiva contra o galego.

luns, 7 de decembro de 2015

Voa paxariño




A mesa editou un novo libro dirixido ao público infantil, para potenciar o uso de vocabulario galego, neste caso concreto, o das aves comúns.
As aves, conta con 30 ilustracións de Calros Silvar. O obxectivo é o de aprender, identificar e provocar interese polo mundo das aves nas nenas e nenos. Moi necesitamos estamos deste tipo de publicacións, sabendo que o panorama de exclusión do galego na educación infantil denunciado pola propia Mesa hai ben pouco
A publicación faime recordar un libriño de Héitor Picallo, editado por Edicións Fervenza, Tilirin e os paxaros, que lle gustaba tanto aos meus pequenos que acabou destrozado de tanto repasalo.
Magín Blanco volve a colaborar coa Mesa coa canción Voa paxariño, nesta recreación audiovisual estilo teletubbie.
Velaquí un adianto do que podemos ver neste libriño:

venres, 4 de decembro de 2015

A lonxa de Ribeira, un insulto á lingua galega

O PP de Ribeira demostra acotío o seu desprezo pola lingua galega deturpando o topónimo da cidade de forma obsesiva, comenzando polo portal oficial do concello, pasando pola conta de correo institucional (@riveira.com), ata todas as actas e documentos oficiais que emite a entidade local.
Como mostra desta obstinación temos o cartel das últimas eleccións municipais no que o lema é ben indicativo do que estamos a comentar: "AVante RiVeira". 
Este autoodio acaba reflectido en todas as accións de goberno. Unha das inversións máis custosas levadas a cabo en Ribeira foi o da construción dunha nova lonxa. O orzamento anda polos 15 millóns de euros. Para maior gloria da zunia gobernante, quixeron que o novo edificio fose un emblema da fachenda do insulto á lingua galega pola vía da deturpación do topónimo do concello instalando no exterior da nova lonxa unhas letras de gran tamaño co lema LONXA  DE RIVEIRA. O caso foi denunciado polo BNG, que parece ser o únco grupo municipal interesado no respecto tanto á lingua como á lexislación sobre a toponimia.
Quen ten moita culpa da impunidade da actuación do goberno municpal é a Xunta, especialmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen en ningún momento fixo pública ningunha declaración instando ao concello a someterse á Lei de Normalización Lingüística. Visto o caso parece que esta lei é a única que ten a virtude de que pode ser saltada sen consecuencia ningunha.
Finalmente, e grazas a esa denuncia do BNG, Portos acabou ordenando pintar un B sobre o V orixinal que aínda se pode ver impreso sobre a fachada da lonxa. A trapallada quedou así, segundo nos mostra esta foto do xornal La Voz de Galicia:




xoves, 3 de decembro de 2015

Os neofalantes, protagonistas do Día Internacional do Euskera



Cunha campaña de visibilización do euskera, o goberno vasco celebra este ano o Día Internacional do Euskera. Ofrécenlle a rúa aos euskaldun berris,aos neofalantes, que son os que fan que o euskera siga latendo. Esta xornada vese potlenciada porque tamén se celebra o 30 aniversario da promulgación da súa  Lei de Normalización
Entre as accións previas para a celebración realizouse a lectura, en voz alta, dun comunicado no que se pedía que se levara o euskera do corazón aos beizos.
Na campaña destacan que o número de euskaldun berris era de 255.900 persoas, o 36,6% da poboación. Fronte a un 0,5% da poboación euskaldun zahar, isto é, falantes de euskera desde cativos, a cantidade de neofalantes é enorme. A chamada que se fai desde esta campaña é a que mostren orgullosos o seu coñecemento da lingua vasca pois con estas cifras está claro que o futuro desta lingua está nos incorporados nos últimos anos. Isto tamén nos recorda que o galego é a única lingua peninsular que perdeu falantes. Velaí que, se noutros territorios se aplicaron políticas normalizadoras, en Galicia o que houbo foi unha política exterminadora da lingua da terra.
A Lei de Normalización Lingüística galega tamén fixera 30 anos no 2013 cun destacado silencio institucional. O Sermos Galiza fixera unha pedira un balance a varios especialistas que non estaría mal recordar: [1] e [2]

Galego, dereito ou discriminación?

por Francisco L. Priegue Fernández, nas Cartas ao Director do Faro de Vigo:

O Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 5 establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e disporán os medios para facilitar o seu coñecemento.

mércores, 2 de decembro de 2015

Eu son...



Algunhas veces aparece por algún dos blogroll que teño por aquí á dereita algunha cousa fóra do común. Este é hoxe o caso.
Nestes días non foron poucas as referencias que, con motivo do seu pasamento, houbo a Neira Vilas así que non sería de estrañar que esta do IES de Curtis, unha máis, se me pasara. E sería unha enorme perda.
A publicación comenza así:

A exposición Eu son… naceu cun dobre obxectivo: por unha banda pretendía render homenaxe a Memorias dun neno labrego, obra singular na historia das nosas letras e, por outra, ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes.
As súas 118 páxinas son unha restra de perlas nas que se recupera a memoria e o orgullo dos nosos antepasados, das súas aldeas, dos seus soños, da emigración, da dictadura,.... Un exemplo a imitar.

O renacer á lingua galega do inconformista Pepe Chao

por Francisco Fernández Rei, nas Voces de ProLingua:


O meu descubrimento do inconformista e heterodoxo Pepe Chao produciuse cando empezou a colaborar co semanario Teima, onde, de xaneiro a xullo do 1977, debullaba a actualidade da igrexa en xeral e comentaba desde unha perpectiva relixiosa progresista a actualidade de Galicia.

martes, 1 de decembro de 2015

Dous nenos na Liña do Horizonte

por Manuel Rivas, en La Voz de Galicia:


Arinco a escribir unha lembranza de Xosé Neira Vilas e un chío telefónico, acompañado da inquietante vibración, trae a noticia da morte de Xosé Chao Rego. Agora estou a velos, aos dous, na Liña do Horizonte. É curioso. Non os vexo como vellos. Teñen a presenza, o xeito e a fala de dous nenos das viñetas de Castelao. Chao era de Vilalba e Neira de Gres, mais eu penso que nacer naceron ou renaceron aí, nese espazo da ollada fértil deseñado coa man sincera. Están aí, ensumidos, sentados entre o aquén e o alén.

De blogues.47


  • Onte 1508: O Cabanillas de Fernández Rei, 20/11/15, por M. Bragado en Brétemas
  • Onte 1509: Gala do Libro Galego, 21/11/15, por M. Bragado en Brétemas
  • Fontán (I), o perfecto ilustrado,25/11/!5, por Pedro García Vidal, no Café Barbantia
  • No cabodano do mestre Olimpio Arca Caldas (Cuntis, 1928 – A Estrada, 2014), 25/11/15, por Miro Villar no blogue As Crebas
  • En que se parece un corvo a un escritorio?, 26/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • Fontán (II), en Noia, 26/11/15, por Pedro García Vidal en Café Barbantia
  • Onte 1514: Aniversario de «Galicia Ciencia», 26/11/15, por M. Bragado en Brétemas
  • Fontán (III), a súa magna obra: a Carta Xeométrica de Galicia, 27/1/15, por Pedro García Vidal, no Café Barbantia
  • Xosé Neira Vilas, 27/11/15, no blogue do club de lectura do IES Xesús Ferro Couselo (Ourense), As catro esquinas do quinto
  • "Querido Balbino", sempre te levaremos no corazón:, 27/11/15, do blogue da Biblioteca do IES de Poio, As zocas faladoras
  • As memorias de Neira Vilas, 27/11/15, en Marlou
  • Xosé Neira Vilas: obreiro da palabra, 27/11/15, por Francisco Castro, na Canción do náufrago
  • NEIRA VILAS: SEMPRE NA MEMORIA, 28/11/15, en Xesteira
  • Xosé Neira Vilas, 28/11/15, en Pingas de humor crítico
  • Neiras Vilas, in memoriam, 28/11/15, en Son de noso
  • O noso Club e Neira Vilas, 29/11/15, no blogue do club de lectura do IES de Vilalonga, Praia das palabras
  • MEMORIAS DUN NENO QUE SE FOI, 29/11/15, por Blanca Barros Rubines no blogue Aquisfala
  • Onte 1517: Pepe Chao, pensador irimego, 29/11/15, por M. Bragado en Brétemas
  • Eu son..., 30/11/15, no blogue da biblioteca do IEs de Curtis, Curtisbiblio
  • Cruciverbalismo e sesquipedalismo, 30/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua

luns, 30 de novembro de 2015

"Memorias dun neno labrego" Entrevista a Xosé Neira Vilas



No  Diario Cultural da Radio Galega montaron un monográfico de urxencia que pon en evidencia a necesidade de medios de comunicación públicos que ofrezan programas de calidade. A TVG estivo espilida creando unha canle temática sobre Neira Vilas ao pouco de enterármonos do seu facecemento. Pero non todo son parabéns. Desafortunadamente os contidos desta canle non están á altura da figura do escritor falecido. Non vemos máis que as novas dos últimos días e algunha que outra aparición de Neira Vilas nos informativos por cuestións realmente prescindibles. Porén, programas monográficos adicados á súa obra ou a unha biografía reveladora da opresión e o exilio sofrido pola lingua e a cultura galegas, ulos? Nos últimos 21 anos, os que pasaron desde a súa volta desde Cuba, tivo que haber unha boa mostra de programas e entrevistas centrados no autor do gran best seller galego. Non entendo a razón de que nesa canle no recolleran, por exemplo, este capítulo do programa Galegos.
Ao consultarmos o portal da Fundación Neira Vilas, o panorama non pode ser máis pesimista. Pregúntome en que mans está xa que a impresión é de completo abandono: nin tan siquera ten habilidada unha mínima biografía do escritor.
Mágoa que para facermos referencia a un audiovisual de calidade centrado en Neira Vilas, nun recurso que poida ser utilizado nas aulas, teñamos que botar man dun vídeo dunha entrevista realizada sen máis infraestrutura que unha cámara de vídeo e un editor de vídeo baixado da rede. O peso da entrevista, realizada no 2011, é obra der Marga do Val e a realización Xoán Carlos Garrido. Paga a pena velo. Ademais está cheo de momentos moi aproveitables nas aulas de lingua e literatura galega.

Tres contactos con Neira Vilas e a néboa

por Xosé Antón Laxe Martiñán, nas Voces de ProLingua:

Era verán na casa de Curros, Celanova, e nos nosos corazóns. Alí estaba tamén Neira Vilas, saudando a itinerancia da exposición Nazón de Breogán, como un farrapo máis da néboa da nosa historia. Falamos, comenteille que xuntaba exemplares de Memorias dun neno labrego en todos os idiomas nos que foi editado e que xa tiña uns poucos. Asinoume o exemplar que levaba nas maos. E cada un perdeuse entre as sombras do país. Eu máis feliz.

A semente prendeu, amigo Neira Vilas

Comunicado de ProLingua ante a morte de Xosé Neira Vilas:

A pasada noite fóisenos o amigo e admirado Xosé Neira Vilas. Bo e xeneroso, dos imprescindíbeis. Agora alá onde estea compartirá mesa e cadeira con Rosalía, Otero Pedrayo ou Castelao. Xa forma parte da tradición. Dos que ergueron un país desde a distancia cando aquí só había medo e morte, dos que puxeron Galicia ás costas e construíron, con orgullo, unha lingua de futuro, e unha terra na que vivir con dignidade.

sábado, 28 de novembro de 2015

"A todos os nenos que falan galego"

"A todos os nenos que falan galego", ésta é a dedicatoria de Memorias dun neno labrego, unha dedicatoria que nos amosa o compromiso que Neira Vilas tivo coa lingua, e que mantivo ata o día de onte. O mellor era que cada vez que acudía a un centro escolar, facía explícito ese compromiso e chuzaba á rapazada a implicarse coa lingua.
Esta foto, tomada na visita que Neira Vilas fixera ao IES Pintor Colmeiro, explica gráficamente cal foi o seu labor e a súa obsesión: a de ser un transmisor do amor á  nosa lingua.
Recollo algunha das frases daquela ocasión:

"temos lingua propia. Mirade vós, os norteamericanos, sendo tan importantes, non teñen unha lingua propia. Falan unha lingua traída doutro lugar, de Inglaterra"
"O galego é o idioma, fillo do latín, máis importante do mundo, xunto co castelán. Fálano millóns de persoas, En Mozambique, Angola, Portugal, Brasil...".
 "no Brasil, que ten unha extensión que é 3 veces a de Europa falan galego"
 "Cándido Pazó levou por todas partes unha obra de teatro sobre o meu libro, as Memorias das memorias dun neno labrego e foi a Brasil. El intentou facer a obra en brasileiro e alí dixéronlle que non, que o fixera en galego. que se lle entendía perfectamente"

 "Eu escríbome con xente de Cuba, da Arxentina, de Bulgaria, mesmo do Xapón ou da China. Con todos o fago en galego. E despois hai algunha xentiña por aquí que non quer usalo e que di que lle é difícil [...]. Tamén manteño correspondencia con filólogos de Suecia, Noruega, de centroeuropa, interesados no galego. Se hai xente de tan lonxe que estuda o galego por algo será."
"Memorias dun neno labrego foi traducido a 16 idiomas. Cando se poñían en contacto conmigo para tratar sobre as condicións da edición eu só lles pedía unha cousa: que incluíran un texto presentando a obra o no que se indicara que foi escrita en galego, unha lingua do suroeste atlántico europeo"
"O castelán era a lingua do colexio e isto xenerou moitos prexuízos"

 Especialmente revelador é este maxisterio nos días nos que A Mesa nos informa que os colexios de infantil teñen máis materiais en inglés que en galego. Hai cinco anos este estudo da Mesa parecería de ciencia ficción, por iso, conviña non podemos tomar a risa a posibilidade que nun futuro próximo vexamos como nos andeis das bibliotecas escolares se substitúe o best seller galego por  Memoirs of a peasant boy

Palabras de Neira Vilas, para Neira Vilas
Non se me ocorren mellores palabras no pasamento de Neira Vilas que as que el mesmo lle adicou a Díaz Pardo polo seu falecemento:

Aquí estamos os que amamos a Galicia, que levamos dentro este fondo sentimento de patria, de raíz e destino, ó tempo que nos achegamos a outras patrias e somos tolerantes e solidarios con outros pobos. Así eras ti e así nos ensinaches a ser e a sentir. Tés máis discípulos dos que coidabas ter e moitos seguidores dos que nunca soubeches.
Aquí estamos os que pensamos que a morte non é tal no teu caso, porque vivirás para sempore en nós, nos nosos corazóns e na nosa lembranza. Vivirás porque tal foi a túa enteireza ó longo da existencia que te sobrepuxeches a contratempos, reveses, traicións, paus e pedras que che facían dicir que “cando aparecen os egoísmos o ser humano pervírtese”. Moitos de nós escoitámosche esa frase chea de verdade.
Aquí estamos os que tratamos de seguir o teu exemplo, ese herdo que nos deixaches de conduta, de ética, de humildade, de servizo ó teu país, de compromiso e xenerosidade. Procuraremos imitarte, procuraremos seguirte, modelo para sempre, paradigma anticipado do home que terá de vir, do home, do ser humano do futuro. A túa creatividade, a túa intelixencia excepcional, a túa inimitable capacidade de traballo sempre foron para todos nós un rumbo, un norte, pero moito máis por iren acompañadas de grandes virtudes e da calidade humana que había en ti.
Os que aquí estamos, e moitos máis que non puideron estar, continuaremos a túa obra, e se eso, polas súas dimensións, non fose posible, seguiremos cando menos o teu comportamento modélico, a túa filosofía da existencia.
Aspiramos a que os máis novos, nenas e nenos, adolescentes e xoves de hoxe sexan coma ti.

venres, 27 de novembro de 2015

Recordando a Olimpio

Este pasado xoves 25 a Asociación Cultural Vagalumes rendeu unha homenaxe a Olimpio Arca Caldas no cemiterio da Estradan recordando o aniversario do seu pasamento. O acto foi dirixido por David Otero, quen lle adicou un poema. Tamén interviñeron  o seu compañeiro Tino Regueira e o escritor Xosé Luna Sanmartín. Foi un acto sinxelo no que estiveron presentes familiares e moitos daqueles que pensamos que o seu maxisterio ten a suficiente importancia para darlle continuidade. O interese de Olimpio Arca pola lingua e a cultura galegas foi sempre xeneroso e desinteresado. Sempre tivo o ánimo disposto á colaboración con entidades como a Asociación Cultural Vagalumes. Por esta razón Vagalumes tamén fixo unha solicitude no Concello para a posta en funcionamento dun certame de teatro infantil, labor moi destacado na actividade profesional e cultural realizada por Olimpio Arca.
Finalmente hoxe, no Museo do Moble da Estrada, ás 20:30,  desenvolverase unha mesa redonda sobre outra das preocupacións do mestre Olimpio: o patrimonio da comarca. O seu inmenso traballo na nosa comarca fixo posíbel a recuperación e estudo das nosas tradicións, da nosa riqueza arqueolóxica, da historia local, etc.
Intervirán neste acto Carme Sánchez Aríns, Xosé Fuentes Alende, Heitor Picallo e Xosé Manuel Nogueira, que tocarán as diversas dimensións do traballo desenvolto por Olimpio Arca neste ámbito así como a avaliación da situación actual do patrimonio na nosa comarca e o debate sobre as proposta de actuación.


xoves, 26 de novembro de 2015

Maltrato da lingua galega no Día contra a Violencia de Xénero

Non é coña, isto é o que veremos estes días no
perfil de twitter da Secretaría Xeral de Igualdade
Hai agravios contra a lingua galega claros e evidentes. Un exemplo disto foi Xunta fixo campañas en castelán (Ahora Galicia conecta contigo, Flores en la carretera,). Tamén temos o caso da campña Agora Galicia máis competitiva, co lema en galego pero co spot publicitario en español. Continuando co espectro de agravios temos o terrible caso de Gal(l)ega 100%, referíndose ao leite galego, no que se escolle o xénero en castelán para facer unha suposta campaña en galego (como na de doazón *da sangue) e co agravante de lle engadir un chafariz de leite/leche que é tamen un españolísimo L que converte Galega en Gallega. 
Finalmente temos casos máis subtís, pero tamén casos de desleixo, ou se se prefire, de desprezo da lingua en campañas da Xunta. Velaí @pulpodelonja, a conta oficial da promoción do Polbo de lonxa, co galego sempre secundarizado, cando non excluído. Temos tamén o caso do incorrecto lema Cómete o mar, ou aqueloutro anuncio contra os incendios no que se declamaba iso de: "preparados, apunten,..., *fuego". Desgraciadamente hai exemplos para todo, incluso para promocións da lingua galega, feitas pola Xunta, e anunciadas en castelán.
Fotograma da campaña da
Secretaría Xeral de Igualdade
Así chegamos ás celebracións do 25-N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O organismo da Xunta encargado das políticas tendentes a eliminar a discriminación da muller é a Secretaría Xeral de Igualdade. No ano 2012 este departamento metía a zoca co spot Eu son *pilar non que, unha tras outra, varias mulleres repetían "Eu son Pilar", para despois anunciaren todas elas que "as mulleres somos un piar fundamental da economía de Galicia".
Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade non traballou nada a xornada do 25-N. Recolleron a campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais ... e Igualdade e difundiron o mesmo vídeo coa voz en off de Pepe Domingo Castaño e Julia Otero. En primeiro lugar, o vídeo contén varias mensaxes escritas, sen verisón en galego. En segundo lugar, a escolla destes dous periodistas é tamén unha escolla de alleamento xa que os dous traballan en medios madrileños e, polo tanto non se El larguero e Carrusel Deportivo, nos que o padronés bruaba anunciado puritos Rey o espléndido "Garvey" ou "Soberano es cosa de hombres",
Fotograma do vídeo do IES
Laxeiro
identifican coa lingua de noso. Seica non había locutores que desenvolven aquí o seu traballo que fosen do gusto da Xunta para poñerlle o parche a esta campaña. Para rematar, pregúntome cal será a mensaxe que quer transmitir a Xunta neste Día contra a Violencia Machista, escollendo como icona a un locutor de programas cargados de retórica machista como
Por todo iso prefiro, sen dúbida ningunha, traballos como os seguintes. Do primeiro saquei este fotograma, máis que nada, para confrontar co da Secretaría Xeral de Igualdade. Se alguén queda mal con esta comparación é porque o merece. Trátase do vídeo que nos chega do IES Laxeiro (Lalín) vía Trafegando Ronseis, cunha longa tradición na celebración do 25-N:



O seguinte vén de Londres, do IES Cañada Blanch, onde demostraron ser bos alumnos de Carlos Blanco:


E o derradeiro, unha curta do IES Poeta Añón (Outes):



mércores, 25 de novembro de 2015

A toponimia do Alcampo



Vigo non é un concello menor, representa un 10,73% da poboación galega. Aínda que só fose únicamente por esta razón debería preocuparnos, e non pouco, que o alcalde da cidade nunca se exprese públicamente en galego.
Xurxo Martínez dábanos un sinal de alerta nesta mesma semana contándonos a redución drástica que se está a operar no SNL do Concello de Vigo.Non é que na sociedade viguesa non exista preocupación e interese pola cuestión. Neste último mes reactivábase o blogue do proxecto Toponimia de Vigo no que, entre outras entradas se denunciaba o disparate da oficialidade do topónimo *O Rocío fronte a un ben argumentado O Resío. Chegoume a notificación desta última nova grazas a Xosé Henrique Costas. Isto fixo que a Suso Acevedo se lle activara a memoria e recordara o que finalmente acabei traendo aquí a este post. O que lembraba o de Ribadeo era un vídeo no que Iván Sestay, un dos colaboradores do proxecto Toponimia de Vigo, entraba no Alcampo de Coia e explicaba os topónimos que quedaron enterrados polo local comercial. Así, baixo a froitería estaba o lugar da Dona, onde antes estaba O Chamorro agora acoden os vigueses a comprar conxelados, e tirando para a zona das caixas estaba O Panasco.
O achádego deste vídeo volve a demostrarme a excelente calidade e o acerto daquel programa dirixido por Ferro Ruibal. Mágoa que fiquen gardados esquecidos nos arquivos e que na TVG ninguén quixera recuperar este espazo. Nesta ocasión facíase un chamamento a que os concellos non destruísen os nomes dos lugares e que tivesen moi en conta a nosa riqueza toponímica cando se trata de abir novos espazos nas vilas e cidades. Destruir a toponimia é un agravio á lingua e á nosa identidade.


Comunicado público da AELG de apoio ao manifesto Queremos galego na administración local de Cee

Comunicado da AELG sobre o caso da agresión á lingua galega no concello de Cee:

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega declara publicamente o seu apoio ao manifesto Queremos galego na administración local de Cee e fai un chamamento a usar, apoiar e impulsar a nosa lingua propia, lingua en que se expresaron as e os poetas do noso país, algúns deles fillos desa comarca de Fisterra.

MANIFESTO QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE

A Mesa está promovendo a sinatura deste manifesto polo galego no Concello de Cee:

Gonzalo López Abente, sobranceiro escritor e académico muxián, traballador da banca «depurado» polos franquistas polo seu galeguismo, foi quen de reivindicar a defensa do uso da nosa lingua aínda en pleno vigor do réxime, cando o 27 de xullo do 1941 pronuncia en galego o seu discurso de entrada como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co título A Terra e a poesía de Eduardo Pondal. Nun dos seus parágrafos sobre o uso da nosa lingua afirma:

martes, 24 de novembro de 2015

Vigo, en galego!

por Xurxo Martínez González, no Praza:


As actividades recollidas no programa Vigo, en galego, organizadas polo Servizo de Normalización, teñen atopado unha boa recepción entre a sociedade viguesa. Neste mesmo verán, os contacontos que se organizaron en barrios como Navia ou O Calvario contaron coa asistencia de cativos e cativas desexosas de escoitar relatos fantásticos e observar a xestualidade do teatro. Unha forma de familiarizar as crianzas cun idioma de seu pero pouco escoitado na casa ou na escola, e cada vez menos escoitado nos avós e avoas, vetustos redutos da fala nosa.

sábado, 21 de novembro de 2015

O portal dos apelidos galegos

Grazas a unha entrada do blogue Normarín, do ENDL do Colexio San Narciso (Marín) souben deste recomendable portal dos apelidos galegos. Aparecen ordenados alfabéticamente, cun acceso moi doado a información sobre calquera deles.
Nun dos seus apartados temos unha lista dos apelidos menos frecuentes. Así entereime de que na miña vila, A Estrada, temos un apelido a piques de desaparecer, Quiveo. No ano 2001 había en total 15 persoas en toda Galicia con este apelido, aínda que había tamén 74 Quibén, 13 Quiveu e 26 Quivén. Hai outros con tan poucos rexistros, como o fermoso Augalevada, que nin tan siquera aparecen no mapa cartográfico de apelidos da USC do 2001, que é unha das ferramentas fundamentais que usa este portal.

P.S.: tal e como me fixo ver H. Villar Janeiro, mágoa da lingua que usan no portal. Na portada podemos ler "Os apelidos nos foron transmitidos ó longo dos séculos como sinal identitario e forman parte do noso patrimonio familiar e cultural."

O galego na Xacopedia e no Goberno galego, ulo?

novo comunicado de ProLingua:


Parece incrible, pero se na plataforma apartidaria ProLingua non entendemos mal a noticia, a Xunta vén de abrir unha enciclopedia virtual sobre o Camiño de Santiago na que se exclúe o galego. Chámanlle Xacopedia.

Otero Pedrayo e a lingua galega: novos horizontes para a expresión literaria a través do léxico

por Xosé Manuel Sánchez Rei, en Terra e Tempo:


Para a cultura galega, Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unanimemente considerado un máis prolíficos escritores e poliédricos intelectuais, para alén de se erixir un dos máis notábeis autores das nosas letras. Neste contributo queremos, porén, apuntar a súa non menor plasticidade lingüística e experimentación co idioma, o que o converte nun dos artistas cunha das linguaxes literarias máis interesantes na Galiza contemporánea. Desde os seus inicios como escritor, o “Patriarca das Letras Galegas”, segundo era denominado nos últimos anos da súa vida, foi (e non só pola cantidade de produción que deixou, mais tamén polas características lingüísticas da súa escrita) un dos protagonistas máis activos na vontade de rexeneración da lingua no primeiro cuartel do século XX. Tencionou dotala de recursos expresivos necesarios de forma a poder ser usada en calquera tipo de texto, xa fose ensaístico, dramático, narrativo, poético etc. A respecto da súa relación coa fala popular, dado que Otero Pedrayo posuía unha enorme capacidade memorística, tal vez debesen ponderarse, como un seu primeiro achegamento a unha expresividade máis ou menos tradicional, as narracións que escoitou ás xentes labregas de Trasalba e especialmente á súa avoa cando ía para o pazo sendo neno.

xoves, 19 de novembro de 2015

Un problema de escalas no edixgal

Velaquí que o rapaz chegoume o outro día cun problema ao que non lle daba botado man. Está en 5º de primaria, pero cando me dixo que se trataba dun problema de "sociais pero de competencia matemática" pensei en que o pobre xa estaba botado a perder.
No seu grupo están apuntados ao edixgal. Isto indícanos cousas positivas dun profesorado está preocupado pola mellora do ensino e pola situación social do entorno xa que se meteron a participar nun programa que prometía moito e que ademais tiña a ventaxa de que se liberaba aos pais da compra dos libros de texto. Porén comenzou o curso e todos vimos que o edixgal non é outra cousa que un pdf con todas as dificultades que isto acarrexa, e como veremos, sen ningunha ventaxa das posibilidades de contarmos cunha ferramenta realmente dixital. Hoxe ese profesorado está arrepentido de participar no edixgal.
O único que cambia co edixgal con respecto ao libro de texto é que para acceder aos contidos hai que moverse nun entorno de scrolls realmente pesado e dificultoso. Ademais os portátiles destinados a este programa son os do proxecto Abalar, cunha pantalla moi pequena, que dificulta aínda máis a consulta destes libros de texto. E insisto no de libros de texto porque os contidos dixitais son inexistentes. Vexamos un exemplo que nos indica que todo isto do proxecto edixgal foi montado sen planificación ningunha.
O problema ao que me refería ao principio é o nº 12 desta foto. Nada tería que dicir se este mesmo problema viñera nun libro tradicional, incluso gabaría que o mapa fixese referencia a concellos galegos, pois sempre é preferible facer referencia á realidade próxima e coñecida que a outra allea e descoñecida.

Ver a enorme contradición entre a escala do mapa e a posibilidade de cambio do tamaño do pdf

Como o problema pide que tracemos o itinerario cun fío, así o fixemos. Collín un fío e coloqueino sobre a pantalla do ordenador-Abalar. Pero como a pantalla é táctil, ao tocala para facer a medición, reducía automáticamente o tamaño do pdf. Ademais, a que tamaño había que colocalo? 100%, 147%,...? E non é isto o único problema. Abrín o pdf no meu PC, que ten unha pantalla maior e non ten os problemas do portátil-Abalar, pero se abrimos o pdf noutra pantalla de distinto tamaño, tamén cambia o tamaño do mapa. Conclusión: imposible medir o mapa. Así que, xa sen recursos, mirei cara ao rapaz e pregunteille:
- E agora, que facemos?
- Vai ser mellor mirar no google maps - contestoume. Daquela pensei que aínda non estaba todo perdido.

Materiais dixitais vs. materiais apantallados

Este capítulo levoume a pensar en materiais que realmente están preparados para traballar no entorno dixital. Sen sairmos dos problemas de semellanza, non podo deixar de recomendar esta unidade didáctica do Proxecto EDAD. Se imos a >Exercicios>Proporcionalidade directa, teremos a posibilidade de traballar de varias maneiras coas escalas dos mapas.

Estas unidades didácticas, acaídas ao entorno dixital, son prácticamente as únicas dispoñibles en galego para o ensino das matemáticas, A Xunta, se quixera, podería usar estes materiais para proxectos como o edixgal, pero prefire pagar por pdfs apantallados. A ideoloxía que hai por debaixo de todo isto atopámola no funesto decreto do plurilingüismo: o realmente importante para a Consellería de Educación é que a lingua galega siga excluída das materias de ciencias. Resulta moi revelador que para que poidamos ver un contido de matemáticas en galego recollido do fardel da Consellería, teñamos que ir a un exercicio da materia de Ciencias Sociais. O galego, nas matemáticas, está arrasado. Que a ninguén lle estrañen, xa que logo, os resultados que nos que nos revelaba o IGE hai un ano, cun 13% de baixada de uso do galego nunha década.

A alguén lle teremos que dar as grazas.

Carta ao Sr. Gómez Besteiro

Carta de ProLingua ao Secretario Xeral do PSdeG-PSOE sobre o caso do concello de Cee:

Sr. Gómez Besteiro, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE:
Desde ProLingua –asociación apartidaria e plural na defensa da lingua galega– queremos manifestarlle a nosa fonda preocupación pola incomprensible actitude dos concelleiros do PSdeG-PSOE do Concello de Cee, que, polo que di a prensa, no pleno do pasado 5 de novembro buscaron a complicidade e axuda dun coñecido grupúsculo de manifesta hostilidade cara ó galego para impedir a aprobación dunha ordenanza municipal que pretendía que Cee se sumase á lista de concellos co galego como lingua prioritaria.

mércores, 18 de novembro de 2015

Fotonovela: Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao



Realmente curioso o formato, unha fotonovela. Moi a ter en conta xa que é de realización máis sinxela que un vídeo, e polo tanto máis factible para os afogados ENDL.
Nesta fotonovela cóntasenos unha das historias argallada por Séchu Sende, Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao. e da que temos outras moi boas referencias na guía de lectura do Made en Galiza feita por Pilar Ponte.( a quen aproveito para darlle os parabéns polo seu 8º aniversario blogueiro)

luns, 16 de novembro de 2015

De blogues.46

Da Wikipedia
A Feira do Clítoris, 04/11/15, por César Lorenzo Gil en Dúbidas do galego
Dos dedos e da lei da xungla, 04/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Canle de youtube, 06/11/15, no blogue Toponimia de Vigo
A «Copa Núria», de Jesús Lladò, 08/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Da topografía á tipografía, 12/11/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Vida, forza e dereitos para a lingua galega!, 12/!11/15, por Carlos Callón, nos seu blogue

domingo, 15 de novembro de 2015

Traballemos como galegos

por Craig Patterson, no Praza:

Aínda que conto con máis de vinte anos de coñecemento da realidade galaica, non agardaba a situación sociolingüística na que me ía encontrar ese ano. Tratábase dun caso curioso de dous británicos residentes na Galiza, pero falantes de idiomas diferentes. Un, o xefe; o outro, empregado. Un, castelán-falante; o outro, galego-falante.

sábado, 14 de novembro de 2015

VI Día da Ciencia en Galego. Escolma

A principios de novembro celébrase desde hai 6 anos o Día da Ciencia en Galego. Esta celebración ten como finalidade activar unha xornada de protesta contra un funesto de drecreto de plurilingüismo que prohibe tanto impartir aulas de ciencias en galego como os materiais didácticos asociados ás mesmas.


Blogues
  1. Día da Ciencia, 27/10/15, no blogue do ENDL do colexio de Quintela, Dinamiza, Normaliza
  2. Celebrando a Semana da Ciencia en Galego, 28/10/15, no IES A Basella, visto na basellafala
  3. Xeolocalización da videoconferencia do VI Día da Ciencia en Galego, 02/11/15, por Román Landín no Caderno de Lingua
  4. Lucas e o seu muíño de vento, 02/11/15, no blogue do ENDL do CEIP A Ponte, "A lingua na Ponte, ponte na lingua"
  5. CIENCIA EN GALEGO, 03/11/15, en Aquisfala
  6. FEITO A conCIENCIA, 03/11/15, en Aquisfala
  7. Día da Ciencia en Galego, 2015, 03/11/15 en Fonseca, blogue da biblioteca universitaria de Santiago de Compostela
  8. VI Día da Ciencia en Galego, 04/11/15, do blogue de Bioloxía do CPI A Cañiza, A Barbantesa
  9. Grazas por participar no Día da Ciencia en Galego, 04/11/15, no blogue Cultura Científica do IES Praia de Barraña (Boiro)
  10. VI Día da Ciencia en Galego con Xurxo Mariño, 04/11/15, no Blog da Biblioteca do IES do Porto do Son
  11. VI Día da Ciencia en Galego no IES Breamo, 04/11/!5, no blogue As Gabarras
  12. Carteis do Día da Ciencia en Galego: Huygens e Planck, 04/11/15, nesta Carta Xeométrica
  13. Carteis do Día da Ciencia en Galego: Parga Pondal e Carlos Gómez-Reino Carnota, 05/11/15, nesta Carta Xeométrica
  14. Novembro: mes da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS, 05/11/15, en Tes moita lingua, blogue do ENDL do CPI Conde de Fenosa
  15. DIA DA CIENCIA EN GALEGO, 05/11/15, no blogue do ENDL do IES Taboada Chivite, O Fiadeiro da lingua
  16. EXITOSA VIDEOCONFERENCIA DE XURXO MARIÑO NO VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, 05/11/15, no blogue do ENDL do IES Antón Losada, e logho!
  17. FEITO A conCIENCIA. NOVOS EXPERIMENTOS, 06/11/15, no blogue do ENDL do IES Aquis Celenis, Aquisfala
  18. Conferencia do Día da Ciencia en galego con Xurxo Mariño, 06/11/15, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
  19. UN NOVO EXPERIMENTO FEITO A conCIENCIA, 07/11/15, Aquisfala
  20. DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, 08/11/15, no blogue do ENDL co CEIP A Pedra, ENREDEmos
  21. Fotos do Día da Ciencia en Galego 2015.1, 08/11/!5, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
  22. VI Xornada da Ciencia en Galego: unha viaxe aos miolos. 08/11/15, Aí falaches!
  23. Fotos do Día da Ciencia en Galego.2, 09/11/15, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro, As Ferreiras
  24. VI Día da Ciencia en Galego, 10/11/15, no blogue do ENDL do IES Félix Muriel, O Bico da Ría
  25. http://ceiprandufe.blogaliza.org/2015/11/11/dia-da-ciencia-en-galego-2/, Escola de Randufe
  26. A MAXIA DA CIENCIA, 12/11/15, no blogue do ENDL do IES Aquis Celenis, Aquisfala
  27. Ano internadional da luz. 3 poemas, 12/11/15, A Marela Tarabela
  28. Encontro con... Cibrán Arxibai, 03/11/15, no blogue da Biblioteca do IES Aller Ulloa, A Marela Tarabela
  29. Álbum de fotos da Semana da Ciencia en Galego, 18/11/15, no blogue do ENDL do IES A Basella, Basellafala
  30. A Semana da Ciencia no IES Chano Piñeiro, 23/11/15, no blogue do ENDL do IES Chano Piñeiro, Lingua de Montes
  31. Celebrando o VI Día da Ciencia en Galego, 24/11/15, no blogue do ENDL do IES de Curtis, Son de noso
  32. Fotos da VI Xornada de Ciencia en Galego, segunda parte., 10/01/16, no blogue do ENDL do IES de Curtis, Aí falches!
  33. LIBRO "SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO 2015", 09/02¨/16, no blogue do CEP Pilar Maestu Sierra, Sempre en Galego
  34. Ciencia en galego, 17/02/16, no blogue do CEIP de Pazos de Reis, A Porteliña

Medios
  1. Polo dereito á ciencia en galego, 17/10/15, O Cartafol
  2. Actos en toda Galicia festexan o ‘Día da Ciencia en Galego’, 03/11/15, Galiciencia
  3. O campus festexa o Día da Ciencia en Galego cunha ruta, dúas charlas e un wikimaratón, 03/11/15, La Voz de Galicia
  4. Xurxo Mariño falará para 6.500 escolares no Día da Ciencia en Galego, 03/11/15, na Praza Pública
  5. Comezan no Museo de Historia Natural os actos do Día da Ciencia en Galego na USC, 03/11/15, no Xornal da USC
  6. Máis de 6.500 adolescentes participan na videoconferencia do neurocientífico Xurxo Mariño, 05/11/15, en culturagalega
  7. O galego vale para aprender ciencia, 07/11/15, Galicia Confidencial
  8. 250 estudantes e docentes de secundaria achéganse, en galego, á Enxeñaría de Telecomunicación, 12/11/!5, no Diario da Universidade de Vigo

Divulgación de actividades
  1. Vídeoconferencias do Día da Ciencia en Galego, da CGENDL
  2. Programa de actividades do Campus de Lugo da USC
  3. A ciencia da programación de ordenadores, presentación da vídeoconfencia do 2014, impartida por Manuel Caeiro Rodríguez
  4. Inauguración da canle de Vimeo de Divulgaciencia en galego
  5. Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego
  6. Comunicado da CGENDL sobre a vídeoconferencia do Día da Ciencia en Galego