Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 13 de maio de 2015

Fiestra aberta

Por unha desas casualidades da navegación pola arañeira fun bater co proxecto do ENDL do IES Manuel Murguía (Arteixo) do que non se pode deixar de visitar o seu web Fala de raio. Veredes que son uns fenómenos en varios campos, pois neste ano obtiveron o segundo premio do CinEOI da Coruña ou o no certame do Tíralle da lingua. Pero hoxe quixera destacar esta serie de vídeos que veñen de divulgar pola rede nos que os alumnos do IES falan con mozos de diversos países que están a estudar galego.


Neste primeiro vídeo os alumnos do IES Manuel Murguía Flor, Aness e Safae conversan con Octavian, mozo inglés que estuda galego na Universidade de Oxford.



Flor, Esteban, Ayoub e Yael, alumnos do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con croatas que estudan galego na Universidade de Zadar



María, Leticia, Nerea e Mateo conversan con italianos que estudan galego na Universidade de Padova.



Fran, Ismael, Arturo, Lucía e Ergin, alumnos do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes alemáns que estudan galego na Universidade de Leipzig.

Ningún comentario:

Publicar un comentario