Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 19 de agosto de 2016

Un paso adiante e outro atrás, *Orense


A imaxe está sacada do programa Telediario da RTVE, emitido o 18/08/16, dando a noticia da presentación da Volta Ciclista a España.
Hai uns anos isto non sucedía. O manual de estilo das canles públicas eran respectuosas coa toponimia galega. Despois de moito batallar conseguírase o respecto neste pequeno pero moi visible ámbito. Era ademais un punto de referencia para outros medios de comunicación e un punto de apoio sobre o que fundamentar a españolización dos nomes dos nosos lugares que mantiñan outros medios ou a propia administración noutros ámbitos. Agora o momento é outro.
Vivimos un período de forte agresión á identidade galega. O galego non conta, fica diluído no español, é completamente secundario. A consigna desde a dirección da TVE é a de empregar os topónimos galegos ao estilo franquista. As queixas coma ésta son cualificadas de radicalismo nacionalista e así xa consideran ter plena xustificación para a agresión á lingua galega.
Con accións coma ésta refórzase o espazo de agresión á lingua pois as canles privadas teñen aquí apoio para actuar da mesma maneira.
Resulta que nós, os galegos, pagamos as canles públicas. Tamén pagamos unha boa parte da organización da Volta Ciclista deste ano. O que nos desvolven é o desprezo e o insulto.

2 comentarios:

  1. Telecinco aínda é peor, escarallan tódolos topónimos que atopan, como "Piedrafita del Cebrero", "Vivero" e demais familia.

    Débenos de sacar da Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Municipios_de_Galicia_por_poblaci%C3%B3n Aí hai cada peza...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E Antena 3, e...
      O da Wikipedia merecería un tratado aparte, mil veces se lle ten reclamado, e seguen igual. Eles escúdanse na RAE. E se a RAE deixara de boicotear a LNL, os da Wikipedia deixarían de ter desculpa.

      Eliminar