Iria Veiga é médica psiquiatra e actualmente exerce como psiquiatra xeral no Hospital de Barbanza. Implicada en actividades de divulgación científica, colabora en iniciativas como Escépticos no Pub, Pint of Science ou Ciencia, cultura e cervexa en Carral. Ademais, mantén o blog "O Outro Lado do Espello" e colabora no programa de radio Burán, en Radio Campus Culturae. Foi gañadora da edición 2017 do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo “Inchazón”.
Os relatos que comparte Iria Veiga con retallos da súa vida como médica, non só son entretidos, senón que invitan á reflexión e lévannos polo camiño do orgullo e a reafirmación na galegofonía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario