Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 6 de xaneiro de 2018

Oito anos e un día

Sei que esta data chega todos os anos e sempre me pilla de sorpresa. Así que xa vou tendo o hábito de sentarme a noite de Reis, no último momento, a improvisar unha entrada de aniversario do blogue.
Desta vez quixera destacar un recurso que está a un click, aquí á dereita, o blogroll "A miña lista de blogues" porque estiven depurándoo hai unhas semanas. Aquí pódese facer un seguimento de máis de 600 blogues en galego. A maior parte deles son de ENDLs ou bibliotecas escolares. Isto é unha mostra de que por detrás hai moito traballo, traballo que por veces queda adiado. Co último cambio de aspecto da edición do Blogger despistáronseme os comentarios, polo que, ata que me chegou un aviso (grazas JJ), non me decatei de que tiña varios comentarios sen moderar, algún desde facía moitos meses. Así que teño que pedirlle desculpas a todos aqueles que deixaron por aquí a súa pegada e non tiveron resposta.
Por primeira vez vou sacar á luz tamén algunha das características que se agochan detrás deste portal. Por exemplo, ata o día de hoxe este blogue tivo algo máis de 420.000 visitas.
Este último ano, seguramente o máis irregular, o mes con máis visitas deste ano foi o de xuño, con case 30.000 e o que menos o de xullo, con 2.000, cunha media dunhas 280 diarias.
Estas son as entradas máis vistas do último ano, ordenadas de máis a menos, por número de visitas:

Grazas a todos os que pasáchedes por aquí algunha vez.

3 comentarios:

  1. Parabéns polo oitavo aniversario !.
    O teu é un blogo que tamén ten o seu traballiño polos contidos e a constancia.
    E que siga a conta !.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas.
      A ver se seguimos tendo folgos para continuar.

      Eliminar
  2. Parabéns, Cibrán! Ánimo, que oito anos e un dia non é nada! ;)

    ResponderEliminar